xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
16
21

MARTES 17

20'30 CASA DA CULTURA «MANUEL MARÍA» BARBADÁS
67 GRAOS
OURENSE FERVESCÉNICA
Bolsas de creación Fito

Baixo o título 67 graos Ourense Fervescénica,-nome que fai referencia á temperatura coa que sae a auga do cano grande da Burga–, nesta xornada exhibiranse os froitos das 5 bolsa sde creación de pezas a escala que porán o acento nas creadoras e nos creadores ourensáns e galegos buscando e promovendo o diálogo entre disciplinas artísticas. Serán os espectadores a esta xornada de exhibición os que elixirán de entre as pezas seleccionadas a gañadora dun premio de 600 €..

Con esta iniciativa o FITO busca reforzar a influencia positiva a nivel social, cultural, artístico e económico que xera o festival activando o tecido cultural de base ademais do profesional, promovendo unha cidade viva e visibilizando a cultura e os seus profesionais. 67 graos-Ourense Fervescénica pretende, dentro das súas posibilidades, demandar de xeito proactivo políticas que incentiven e non castiguen a acción cultural, divulgar novas linguaxes artísticas no ámbito das artes escénicas, e pór o acento no desmantelamento cultural e as políticas desactivadoras. Como novidade e, segundo o compromiso asinado polo Festival no ano 2008, nas bases primarase as direccións e creacións femininas.