xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
16
21

VENRES 20

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: MARTA ALONSO
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Sofá
DURACIÓN: 70 min.

www.martaalonsotejada.com

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Creación e interpretación: Marta Alonso Tejada e Pablo Reboleiro Dirección: Marcos PTT
Dirección de movemento e coreografía: Cía Sharon Fridman: Melania Olcina Yuguero, Arthur Bernard Bazin
Dramaturxia: Marta Alonso, Daniel D. García, Marcos Petete, Pablo Reboleiro Rama
Guión: Marta Alonso, Daniel D. García, Marcos Petete, Pablo Reboleiro Rama, Déborah Vukusic Coordinación de guión: Daniel D. García
Espazo sonoro: Mounqup, Pablo Reboleiro
Realización de escenografía: Jose Perozo; Sandra Camalea
Estilismo: Paula Quintas
Iluminación e Dirección Técnica: Ángel Sousa
Espazo escenico: Marta Alonso
Atrezzo: Carlota Mosquera
Audiovisual: Sabela Eiriz e Carlota Mosquera
Producción: Marta Alonso, galiciadanzacontemporánea
Agradecementos: Breixo Corral, Lilian Portela
Distribución: Lilian Portela · Amarelo Distribución Escénica
Produce: Cía martaalonsotejada

SINOPSE
SOFÁ é unha sitcom de danza, teatro e circo que fala dunha parella. Marta e Pablo son dous cús inquedos e a parella que podo coñecer que menos usa o sofá. Marta e Pablo cren que van solucionar os seus problemas de desconexión facendo o exercizo de bailar xuntos con un sofá. Porque o sofá é o lugar onde se atopan as parellas ao final do día para estar xuntas, ver unha peli ou descansar. Será que o lograrán?

A COMPAÑÍA
Traballa no sector artístico desde o 2008, ano no que funda trasPediante. A traxectoria como creadora e intérprete de Marta Alonso Tejada (Ourense, 1983) é multidisciplinar e hiperactiva. A súa actividade artística traza desde o inicio unha ida e unha volta constante cara á danza e ao movemento que no percurso se achega ao teatro físico, a interpretación e ao circo. A danza, o humor, e a cercanía co público xeran nas súas creacións unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se comparte na escena. Desde o 2010 crea e codirixe o Festival de danza e artes do corpo, corpo(a)terra. Marta tamén integra o colectivo Verticalia, que mestura danza contemporánea, circo, aéreos e danzas urbanas. BAILAR AGORA (Estreada en Outubro, 2020), é unha coprodución de Marta Alonso Tejada, trasPediante e o Centro Coreográfico Galego, Agadic - Xunta de Galicia.