xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
16
21

MÉRCORES 18

20'00 CASA DA CULTURA «MANUEL MARÍA» BARBADÁS
COMPAÑÍA: DADO
PROCEDENCIA: ALEMAÑA
ESPECTÁCULO: Esperando a Dado
DURACIÓN: 60 min.

SINOPSE

Un espazo no tempo onde as caixas de música cobran vida, os obxectos inanimados bailan e un plátano pode cantar. O tempo retárdase a medida que se enche o teatro de risas e o público está ansioso por quedar e xogar.

Neste espectáculo, Dado presenta unha hipnótica selección de accesorios orixinais e unha inesquecible comedia física, mesturada cunha incrible variedade de inusuais e excéntricos instrumentos. Traemos un cóctel alucinante de tolemia de clase mundial, que entretivo ao público en festivais de todo o planeta.

A COMPAÑÍA

Daniel Warr, tamén coñecido como Mon Oncle le bossu ou DADO, é un artista rueiro, mago e pallaso canadense. Naceu en Montreal, Quebec, e creceu en Edmonton, Alberta. Preséntase profesionalmente desde hai 14 anos baixo o nome artístico DADO, cun repertorio de clown, maxia e mimo. Maiormente autodidacta nas artes da actuación de vodevil, formouse con artistas como Daniel Stein, Bob Burke, Jeff Raz e Tony Montanaro. O seu interese na actuación comezou cedo inspirado polo Sr. Willard da casa de maxia de Willard. Pronto tivo o seu primeiro “quot;traballo” onde foi descuberto por The Greamizian Brothers, quen lle ofreceu un traballo no departamento de entretemento en The West Edmonton.

PREMIO PAVE D’OR 2010 • FESTICLOWN 2011