xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
16
21

XOVES 19

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍAS: ESCOLA DA NOITE e QUINTA PAREDE
PROCEDENCIA: PORTUGAL
ESPECTÁCULO: O homem no caminho
DuraciÓn: 60 min.

www.aescoladanoite.pt

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Texto orixinal: Plínio Marcos
Dirección: José Caldas
Elenco: Allex Miranda e José Caldas
Deseño de escenografía: José Caldas
Deseño de Luz: Artur Rangel
Vestiario e atrezzo: Ana Rosa Asunción
Espazo Sonoro: Zé Diogo
Produción: A Escola da Noite / Quinta Parede

SINOPSE
O home no camiño é un monólogo teatral adaptado por Plínio Marcos a partir do conto “Sempre en fronte”, que forma parte do segundo volume de Historias populares: cancións e reflexións dun pallaso, publicado en 1987.
Co mesmo título do monólogo, o texto foi posteriormente publicado como a terceira parte do libro de memorias circenses de Plínio Marcos, O truco dos espellos (1999).

Lur é un saltimbanco que ten tres nomes, sendo un deles descoñecido polo propio Lur.
Esa condición da personaxe é unha forma de enganar a morte. Lur é un contador de historias, que divirte aos que están ao seu redor e, ao mesmo tempo, provoca unha reflexión sobre o comportamento humano. A peza é a reflexión de Plínio Marcos sobre o poder, o egoísmo, a manipulación, a loita de clases e o sentido da existencia do ser humano.

A COMPAÑÍA
Fundada en 1992, estreou 74 espectáculos que foron levados por toda a xeografía de Portugal, (Angola, Bélxica, Brasil, España, Guinea-Bissau e Mozambique). Na escolla do repertorio, procura un equilibrio entre autores clásicos e contemporáneos, con dous especiais puntos de interese: a obra de Gil Vicente e a dramaturxia en lingua portuguesa. Esquilo, Eurípides, Chéjov, Lorca, Beckett, Heiner Müller, José Sanchis Sinisterra, Nelson Rodrigues, Plínio Marcos e Abel Neves son algúns autores que xa traballou. Os últimos anos, ten afondado nunha nova fronte de traballo – a adaptación escénica de textos non dramáticos a partir, por exemplo, das obras de Ruy Duarte de Carvalho, Rubem Fonseca e Franz Kafka e, na poesía, de Adélia Prado e Manoel de Barros. Desde Setembro de 2008, é a compañía residente e a responsable da xestión e programación do Teatro da Cerca de San Bernardo, equipamento municipal construído para a albergar.

 

21'00 LICEO
COMPAÑÍA: NATALIA OUTEIRO «PAJARITO»
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Isolada
DuraciÓn: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Unha creación de Natalia Outeiro Pajarito
Visión externa: Alfonso Medina, Arturo Cobas
Escenografía: Carlos Alonso, Alfonso Medina
Vestiario: Carlos Alonso
Fotografía: Semieira

SINOPSE
«A muller nena habita nunha illa afortunada».
Eugenio Granell

Esta é a frase que abre a porta a unha nova aventura, a creación dun espectáculo de clown con poesía que volta á esencia da pallasa, da pallasa como concepto e tamén da pallasa como actriz, dándolle un contexto contemporáneo e onírico. A chegada dunha pallasa a unha illa, onde sobrevivir é naufragar, e o fracaso unha forma de existir. Unha aventura chea de ilusión, xogo, imaxes. Todo cambia a cada instante, porque con todo se pode xogar, co presente, coa realidade que se vive. A soidade, a ensoñación dun cabaré bailado cun carretillo feito persoa, a aparición dun nativo co que compartir un futuro quizais non desexado. Contradicións eternas do ser humano, instintos básicos, a risa e a poesía como fío entrelazador de historias.

A COMPAÑÍA
Natalia Outeiro “Pajarito” é unha pallasa de longo percorrido tanto en solitario como en compañías como Pistacatro ou Chévere. Co seu espectáculo “A vida tola” gaña o premio FETEGA 2018 e o premio FARÁNDULA 2021 en Canarias. Na súa traxectoria crea a traves da comedia e o clown, coa risa como motor principal, buscando chegar ó público nunha conexión directa coa mirada, construíndo universos propios e únicos. Formada en teatro, danza e clown, bebe da escola de Michelle Dellaire, e de grandes mestres do clown como Leo Bassi, Jango Edwars, Loco Brusca, Maite Guevara, Nestor Muzo e moitos máis nestes 20 anos de profesión. Ademáis dunha longa carreira como pallasa é tamen directora e docente. Dirixe espectáculos premiados como Cair e Contiguo, e tamén espectáculos individuais traballando no encontro de personaxes únicas.