xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
16
21

DOMINGO 22

19'00 h.TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: INDA PEREDA
PROCEDENCIA: CATALUÑA
ESPECTÁCULO: A viaxe do heroe
DURACIÓN: 70 min.

www.indapereda.com

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Idea, Creación e Interpretación: Inda Pereda
Dirección Artística: Aitor Basauri
Axudantía de Dirección: Marta Iglesias
Asesoramento en movemento: Putxa e Julieta Gascón (Zero en Conducta)
Asesoramento en slapstick: Jorge Méndez
Deseño de Escenografía: Sergi Corbera
Deseño de Son: Orestes Gas e Marco Moreira
Deseño de Luces: Mattia Russo e Eric Rufo
Vestiario: Blanca Ferré
Imaxe: Marc Àvila
Técnico en xira: Eric Rufo
Produción: Cia. Inda Pereda e Tàndem Produccions - Francisca Araújo

SINOPSE
Espectáculo de clown, teatro xestual, slapstick e interacción co público, para sala ou espazo non convencional. A Viaxe do Heroe é unha viaxe para todos os públicos, cheo de comedia e de escenas de aventura. Unha viaxe que nos convida a reflexionar, a través do idioma universal do xesto da autosuperación, a soidade e a coraxe, facendo crítica, desde o humor, dos estándares establecidos de como debe ser un heroe. A Viaxe do Heroe é un berro para afrontar os nosos medos, un berro ao cambio, a facer xurdir o noso heroe interior. O espectáculo conta con sorprendentes impulsos visuais e sonoros nun escenografía dinámica, suxestiva e autónoma, cousa que fai posible a súa representación en espazos non convencionais

A COMPAÑÍA
Actor, comediante e creador teatral cunha longa traxectoria a nivel internacional e especializado en Comedia Xestual Tras ser chamado Judit durante 9 meses e posteriormente Rubén, finalmente a miña nai púxome de nome Indalecio... un nome moi exótico, pero sempre preferín ser chamado Inda. Despois de diplomarme como Intérprete de Lingua de Signos, nace no meu o interese polo xesto e a comunicación non verbal sobre os escenarios. Interese que pasará a ser a miña paixón e que me levará a Londres onde me postgradué en Teatro Físico e Creación Teatral en LISPA (London International School of Performing Arts). Logo continuo formándome con John Wright, Jos Houben, Gabriel Chamé, Christine Rossignol, Philippe Gaulier, Aitor Basauri, Angela de Castro, Leo Bassi, Grzegorz Bral... entre outros. En Inglaterra traballo con diversas compañías de teatro físico e clown que me levan a actuar no Sadler’s Wells e o Southbank Centre. Agora, vivo en Barcelona e viaxei por Estados Unidos, Inglaterra, Austria, Portugal, Francia, Italia, Alemaña e España presentando os meus espectáculos.