xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
16
21

SÁBADO 14

20'00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: A FEROZ
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Frío
DURACIÓN: 80 min.

ESTREA

www.aferoz.gal

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Elenco: Inés Salvado, Lolo Castro, Gustavo Freire, Bea Romero, Sergio Piñeiro
Idea, dramaturxia e dirección: Lorena Conde
Música e espazo sonoro: María José Pámpano
Espazo escénico e vestiario: A Feroz
Máscaras: A Maranha
Iluminación e son: Raúl Giraldo
Fotografía: Alberto Suárez
Deseño: Lorena Conde
Produción: A Feroz
Distribución: Amarelo

SINOPSE

FRÍO inspírase libérrimamente na extraordinaria historia de Nikolái Gógol, O abrigo. “Todos procedemos d’O abrigo de Gógol” parece que dixo unha vez Dostoievski.

E quizais se referise á longa estirpe de narracións que beben da inacabable influencia literaria
de Nikolái Vasílievich Gógol, pero tamén é moi probable que pensara na semellanza entre os nosos soños e os de Akaki. Akaki Akakievich, aínda estando satisfeito co seu desvalorizado traballo de copista e o pouco salario que este lle reporta, vese na necesidade de forzar ese ritmo que lle é natural e grato para producir moito máis.

O que nun principio é froito da necesidade non tarda en se converter nun anhelo inchado, irreal.

A oposición entre a inclinación natural de cada ser humano e a obriga de producir, de gañar,
de lucir, é fonte da infelicidade e do resentimento que nos invaden. “Preferiría non o facer”, pensamos cada día por boca de Bartleby; pero tamén cada día sen falta xunguímonos ao carro que detestamos e executamos aquilo que se espera de nós.

É un espectáculo de teatro físico e máscaras con música en directo. Unha fábula máxica que fala do fatum, o desexo e a morte na roda imparable dunha sociedade guiada pola ansia de ter para ser, e de lucir para ser visto.

En FRÍO os personaxes imaxinados por Gógol transmutan en forzas simbólicas que acompañan o desexo de Akaki e os seus esforzos por logralo.

A COMPAÑÍA

O motor d’A Feroz é dar contexto ao noso amor. Amor. Amor pola verdade, polos proxectos honestos, por contar dende as tripas o que nos sucede, pola mestura das artes, de disciplinas, de ciencias, de corpos e de miradas.

Esta compañía nace coa vontade clara de trascender xuntos as nosas barreiras persoais para poñer en común en escena as preguntas e todas as posibles respostas.

Nacemos á vida como promesa. Todo o que temos queda depositado aí, na posibilidade infinita de chegar a ser todo o que se pode ser a través da arte.