xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
16
21

VENRES 13

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: CONTRAPRODUCIÓNS
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Entrega en man
DURACIÓN: 80 min.

www.contraproducions.com

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Texto: Martin McDonagh
Dirección de escena: Cándido Pazó
Versión galega: Cándido Pazó
Elenco: Santi Romay, María Roja, Evaristo Calvo, Igor Regalla
Escenografía e atrezzo: Pablo Giráldez “O Pastor”
Vestiario: Belén Pichel
Iluminación: Afonso Castro
Música: Guillerme Fernández
Dirección de produción: Belén Pichel

sinopse
Un cuarto ruín nun hotel cutre dunha anónima vila americana. Un tipo estraño ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto cruel e humillante, lle cortaron hai 27 anos e que, desde entón, busca teimosamente.

Un xove negro e a súa moza branca quéreno enganar ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa. O peculiar recepcionista do hotel entremétese en tan insólita transacción e...

Martin McDonagh é o autor desta peza, o autor máis galego dos autores non galegos.
Ben coñecido do noso público por títulos tan lembrados como Un cranio furado, Oeste
solitario, A raíña de beleza de Liname, O home almofada
ou, máis recentemente, O tolleito de Inihsmaan. Coa súa grande habelencia para engaiolar os espectadores con historias trepidantes, situacións insólitas, personaxes de carácter... e ese seu humor entre cítrico e cáustico que a ninguén deixa indiferente.

A COMPAÑÍA
Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción.

Cunha vocación teatral de signo aberto, intención crítica e relación fresca e directa cun público de amplo espectro, é a plataforma que acolle a maior parte das creacións escénicas de Cándido Pazó no campo do teatro e a narración oral, aínda que dando cabida tamén a outras figuras da dirección escénica ou a escritura teatral, así como a coproducións ou colaboracións con outras estruturas.