xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
17

DOMINGO 16

12'30 PATIO DOS MARISTAS
COMPAÑÍA: CIRCO CHOSCO
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Oh-pera
DuraciÓn: 50 min

Vídeo Oh-pera trailer

ESTREA

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Elenco: Ariñe Azkue e Óscar Páez
Dirección: Aritza Rodríguez
Xéneros: Circo cómico e portés
Escenografía: latiendadelcervecero e FROPE
Vestiario: Ariñe Azkue
Colaboración técnica: Luciano Mezzotero

SINOPSE
Contar historias desde a imaxe, cando as cousas falan, descubrir novos espazos e ver come se transforman os vellos. Todo cambia, nada permanece e con cada transformación ábrese un mundo de posibilidades. Todo está composto de átomos, segundo como se combinen pode ser unha xirafa, unha cadeira ou unha escaleira. O mundo está feito de pezas elementais e o noso mundo está feito de caixas que van mudando en universos diferentes. Unha viaxe polas posiblidades da vida, polas eleccións que tomamos no día a día, nas que o amor é a materia escura que os une.

OH-PERA mestura teatro, humor e circo. O realismo síntese nas técnicas de circo cun risco totalmente real, en canto a equilibrios, acrobacias e técnicas aéreas levadas a cabo dunha forma creativa, única e nunca vista. Cada acto ou paso que se dá, xera un cambio, unha evolución na relación dos personaxes, que os levará a situacións tan arriscadas como emocionais e por suposto divertidas.

A COMPAÑÍA
Circo Chosco é quizais a compañía de novos artistas con maior proxección do circo galego. Este espectáculo dirixido por Aritza Rodríguez ven a confirmalo. A compañía mantén o seu habitual humor, un alto ritmo en escena e unha gran variedade de acrobacias e gags; pero suma a isto unha elegante proposta escénica e de movemento que ven a facer de Oh-Pera un dos espectáculos máis interesantes dos últimos tempos neste formato.

Comeza a súa formación en Navarra, na Escola Oreka Zirko, pasan por Arxentina, Italia e outros lugares do estado, para especializarse en portés, slapstick, técnicas aéreas e clown, mesturando todo isto e sendo xa unha referencia en todo o estado. Actualmente traballan en paralelo con diferentes empresas como Cair Circo, Malas Compañías, Pistacatro Productora, ademáis de ter traballado con moitas máis.